Arranca a Escola de Letras da Deputación e Galaxia que apuntala á sede de Vigo

2020-06-15 4

“Imos encher a sede da Deputación en Vigo de letras e historias”, asegurou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, porque “apostar pola cultura é apostar por un país como o noso que sempre foi un referente cultural”. Arroupada polos escritores e a escritora Francisco Castro, Inma López Silva, Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez que serán os docentes, Carmela Silva subliñou o papel de referencia cultural da sede da Deputación en Vigo, que esta tarde abre as súas portas á normalidade da man do primeiro obradoiro da Escola de Letras da institución e Galaxia. Amais, o obradoiro desenvolverase na sala Rosalía Castro e “rodearase” da mostra “Sempre marzo”, un proxecto comisariado por Yolanda Castaño que, tal e como destacou a presidenta, “está tamén ligado á cultura, á poesía e vincula a palabra con artes plásticas”. https://www.noticiasvigo.es/arranca-a-escola-de-letras-da-deputacion-e-galaxia-que-apuntala-a-sede-de-vigo-como-centro-cultural-de-referencia-na-cidade/

Free Traffic Exchange